especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A balsa[1] (Ochroma pyramidale) é a única especie do xénero monotípico Ochroma, pertencente á familia Malvaceae. É nativa de México, toda América do Sur e o Caribe.[2] É apreciada pola súa madeira, denominada tamén de balsa[3].
Balsa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O. pyramidale | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Balsa (embarcación)|Balsas]] construídas coa súa madeira]]
A palabra balsa entra no galego (ao igual que nas outras linguas achegadas: portugués, inglés, francés...) a través do castelán de América, co que se designan as embarcacións feitas desta madeira: balsas. A palabra non pode ser de orixe americana pois xa se nomea en textos casteláns medievais, polo que a árbore tomaría o nome da palabra castelá balsa: con significado de corgo ou poza, represa natural ou artificial onde se recollen as augas destinadas á rega[4][5].
Son árbores que poden acadar até 30 m de altura, sempreverdes, aínda que poden comportarse como caducifolios se a estación seca é moi longa. Posúen toros lisos de madeira moi lene. As follas son simples, amplamente ovadas, frecuentemente 3-sublobadas, até 38 cm de longo e 30 cm de largo, ápice de arredondado a agudo, base máis ou menos cordada, con vilosidade mesta de cor café-amarelada no envés. Grandes flores (7–11 cm de longo) abrancazadas ou de cor crema en forma de trompeta. O cáliz é infundibuliforme-campanulado, pentalobulado de 5,5–7 cm de longo, máis ou menos puberulento; a parte exposta dos pétalos mide 3,8–4,8 cm de longo, velutina; con filamentos numerosos formando unha columna estaminal pentalobulada no ápice; estilo espiralmente 5-sulcado. O froito é unha cápsula irregularmente angulada con cristas e sucos de 13–20 cm de longo, as valvas son coriáceas con sementes miúdas, numerosas e envoltas en kapok.[6] É de cor verde cando inmaturo pasando ao negro e dehiscentes ao madurecer.
Especie común, atópase en forestas baixas perennifolias de crecemento secundario, ocasional en bosques secos e húmidos, zonas pacífica e atlántica; a unha altitude de 30–400 metros; florea de novembro a febreiro, frutifica de febreiro a maio; dende México a Bolivia e nas Antillas.
A partir da súa madeira téñense elaborado salvavidas e esquís acuáticos.[7] Esta madeira chamada tamén de balsa, é moi liviá e mol cun gran aberto de mediano a groso. A súa densidade flutúa entre os 100 a 200 kg/m³, cunha típica de 140 kg/m³ (arredor de 1/3 da densidade doutras madeiras máis duras). Isto faina un material popular para modelismo e popularizouse cando Thor Heyerdahl usouna na construción da balsa Kon-tiki na súa expedición á Polinesia que partiu dende o Callao, no Perú:
A súa madeira acabada de cortar era materia prima para construír balsas de navegación, boias para redes e para anzois de pesca. O karok úsase para reencher traveseiros e coxíns. A casca viva é unha boa fibra de amarre para construción e para asegurar paquetes. Actualmente a súa madeira ten un amplo uso en arquitectura e aeronáutica.[8]
Ochroma pyramidale foi descrita por Leonid Averyanov e publicada en Repertorium Specierum Novarum Regni Vegetabilis, Beihefte 5: 123. 1920[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.