A Provincia Occidental, no pasado coñecida como de Fly, é unha das provincias de Papúa-Nova Guinea, situada na rexión máis suroeste desta. A súa capital é a cidade de Daru, aínda que Tabubil é o asentamento máis grande da provincia. Outras poboacións importantes son Kiunga, Tabubil, Ningerum, Olsobip e Balimo. Segundo o censo do ano 2000 tiña 153.304 habitantes.
Ocupa unha área duns 99.300 km², sendo a provincia con máis extensión da Papúa-Nova Guinea. Posúe diversos ríos, como é o río Fly e os seus afluentes, como son o Strickland ou o Ok Tedi. O lago máis grande de Papúa-Nova Guinea, o Lago Murray, atópase nesta provincia occidental.
Nesta provincia áchase o único cacho de terra máis ao oeste do paralelo 141°L, liña que divide a Nova Guinea Occidental da Indonesia. Esta pequena sección este delimitada polo río Fly.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.