Observatorio astronómico de Cotobade
observatorio astronómico no monte Coirego, Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cerdedo-Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por David Filgueira.

Características
O proxecto naceu da colaboración entre a asociación cultural Canón de Pau e a asociación astronómica Sirio de Pontevedra, que xa levaban tempo organizando actividades nese lugar. Logo da vaga de incendios de 2006, a Comunidade de Montes de Carballedo decidiu cederlle os terreos á asociación Canón de Pau por 25 anos. A Consellería de Industria concedeu unha subvención de 150.000 € do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010, para a construción do edificio, deseñado polos arquitectos César e Magdalena Portela.
O observatorio está situado ao pé do monte Coirego, na aba oeste. Ten unha cúpula de 4 m e un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro. Nel realízanse actividades didácticas de divulgación da astronomía, como obradoiros de manexos de telescopios, reloxos de sol e outros instrumentos astronómicos.
Galería de imaxes
- Vista do edificio.
- Placa.
- Vista do edificio.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.