O neno de barro

filme de 2007 dirixido por Jorge Algora From Wikipedia, the free encyclopedia

O neno de barro (en castelán: El niño de barro) é unha longametraxe dirixida por Jorge Algora, estreada en 2007. É unha coprodución galega na que Maribel Verdú e o galego Chete Lera interpretan os papeis principais.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
O neno de barro
Ficha técnica
Título orixinalEl niño de barro
DirectorJorge Algora
ProdutorJorge Algora
IntérpretesJuan Ciancio
Maribel Verdú
Daniel Freire
Chete Lera, Abel Ayala
MúsicaSilvia Amador García
Estrea18 de maio de 2007
Duración103 minutos
Orixe Galicia
Arxentina
Xénerosuspense
Na rede
Filmaffinity: 178654 TCM: 650320
Pechar

Argumento

A acción desenvólvese en Buenos Aires en 1912. Unha serie de brutais asasinatos a menores propágase pola cidade. Mateo (Juan Ciancio), un neno de 10 anos, agacha un segredo: ás veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Ó descubrirse o seu segredo moitos cren que é o asasino.

Estela, a súa nai (Maribel Verdú), coa axuda do forense e da policía, o Dr. Soria (Chete Lera), tratan de atopar unha explicación racional das visións e así minar o escepticismo do Comisario Petrie (Daniel Freire).

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaPersoa/sResultado
2007Mellor longametraxeGañadora
Mellor direcciónJorge AlgoraGañador
Mellor interpretación masculina protagonistaJuan CiancioNomeado
Daniel FreireNomeado
Chete LeraGañador
Mellor interpretación a protagonistaMaribel VerdúNomeada
Mellor interpretación masculina secundariaAbel AyalaNomeado
Mellor guiónJorge Algora, Christian Busquier e Héctor CarréGañadores
Mellor montaxeRita RomeroNomeada
Mellor sonPerfecto de San José Prieto e Alberto SuárezNomeados
Mellor dirección artísticaMariela RípodasGañadora
Mellor dirección de produciónEduard Vallés e Juan LoveceNomeados
Mellor dirección de fotografíaSuso BelloGañador
Mellor maquillaxe e peiteadoBeata WojtowiczGañadora
Mellor deseño de vestiarioCecilia MontiGañadora
Mellor música orixinalNani GarcíaGañador
Pechar

Outros datos

  • A película está baseada nos asasinatos de Cayetano Santos Godino, mellor coñecido coma El Petiso Orejudo. Foi o primeiro asasino en serie na historia arxentina.
  • Foi seleccionada na categoría novos realizadores nos festivais de cine de Montréal e Santo Domingo, entre outros.
  • No XIX Festival Internacional Viña del Mar o filme foi seleccionado para a súa sección oficial, e gañou o premio da prensa especializada á mellor longametraxe internacional.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.