O cidadán do mes é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xaneiro de 2006. É a segunda da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.
O cidadán do mes | |
---|---|
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Cuberta | Miguel López Calzada |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | xaneiro de 2006 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 212 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-384-5 |
Precedido por | Baixo mínimos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sonia Bouzas solicita ao detective que atope ao seu marido, vixilante desaparecido, trala súa desaparición, a cambio de 6.000 €. Porén, tirando do fío, descobre que está sendo utilizado. Unha escura trama onde de novo aparece o terrorismo do GIA (Grupo Independentista Armado), desta volta relacionado coa corrupción política e a recualificación urbanística.
Ambientada de novo en Ourense, o detective segue a enfrontarse ao recordo da súa muller, ademais de sufrir a dor de que a súa parella o deixe polo seu mellor amigo. Porén, decide afrontar a realidade e, malia a dura calor de agosto, tirar para adiante.
Desta volta é axudado polo seu novo veciño: Porter, un xornalista de sucesos que escoita a Nick Cave e The Homens. Malia a compañía da súa Smith & Wesson, recibe de novo algunha boa malleira. De novo, é frecuente a compañía do whisky, o licor café e a cocaína.
Ligazóns externas
- Ficha de xerais Arquivado 26 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.