From Wikipedia, the free encyclopedia
O noxo é unha resposta emocional que sofren os seres vivos, causada polo desgusto que se lle ten a algunha cousa ou por un momento desagradable causado por algo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2013.) |
O noxo é unha emoción complexa que implica unha resposta de rexeitamento dun obxecto, dun acontecemento ou de valores morais desagradables. Ademais, trátase dunha das reaccións emocionais nas que as sensacións fisiolóxicas son máis patentes. A maioría das reaccións do noxo xéranse por condicionamento interceptivo. Por outra banda, está tamén en relación con trastornos do comportamento, tales e como a anorexia e a bulimia.
En primeiro lugar, os causantes son os estímulos desagradables, fundamentalmente os químicos, os potencialmente perigosos ou os molestos, como por exemplo comida en mal estado ou cheiros desagradables. Tamén producen a reacción de noxo toda unha variedade sensorial de estímulos condicionados de forma aversiva, mentres que os estímulos incondicionais adoitan ser olfactivos ou gustativos.
En segundo lugar, o procesamento cognitivo prodúcese ante causantes dunha baixa familiaridade e cun baixo nivel de previsibilidade. O suceso é valorado como moi desagradable. E todo o proceso é considerado como esencial para o benestar do corpo.
A probabilidade das consecuencias esperábanse xa antes de que o suceso acontecera. No referente ó enfrontamento, prodúcese un grao medio de urxencia para afrontar o suceso e as consecuencias do mesmo. No que ten que ver coa valoración da posibilidade de afrontar as condicións que produciu a sensación do noxo, crese que non é posíbel adaptarse ás súas consecuencias, e procúrase o rexeitamento do obxecto ou da situación causante.
Os estímulos adoitan estar en plena relación coa inxesta, de maneira que a calidade fundamental é olfactiva ou olorosa, se ben os estímulos condicionados poden asociarse a calquera outra modalidade perceptiva (escenas visuais, sons...); ou tamén poden producirse ante calquera outro tipo de estimulación que non teña por que estar relacionada con problemas gastrointestinais, como son as reaccións do noxo diante dos alimentos nutritivos e en bo estado. O noxo ten unha finalidade funcional, potenciar os hábitos saudables, hixiénicos e adaptados.
Existen dous tipos de efectos: subxectivos e fisiolóxicos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.