elemento mínimo dun son musical From Wikipedia, the free encyclopedia
Nota musical é o elemento mínimo dun son musical, formado por un único modo de vibración do ar. A cada nota está asociada unha frecuencia, cuxa unidade máis utilizada é o Hz (hertz), a cal describirá en termos físicos se a nota é máis grave ou máis aguda.
O son fisicamente é unha onda (ou conxunto de ondas) que se propaga no ar cunha certa frecuencia. Se esas ondas tiveren unha frecuencia na faixa de 20 Hz a 20.000 Hz, o ouvido humano será capaz de vibrar á mesma proporción, captando esa información e producindo sensacións neurais, ás cales o ser humano dá o nome de son. As ondas con frecuencia máis baixa (entre 20 Hz a 100 Hz por exemplo, soan nos nosos ouvidos de forma grave, e sons con frecuencia elevada - por exemplo acima de 400 Hz, soan de forma aguda).
As notas poden combinarse sendo tocadas ao mesmo tempo (definindo a harmonía), ou en secuencia (definindo a melodía). Se eses factores, xunto a algúns outros, resultaren nunha sensación agradábel, dáselle a esa secuencia o nome de música.
O nome das notas (dó, re, mi, fa, sol, la, si) ten a súa orixe na música coral medieval. Foi Guido d'Arezzo, un monxe italiano (990-1050), quen creou este sistema de nomear as notas musicais - o chamado sistema de solmización. Seis das sílabas foron tiradas das primeiras seis frases do texto dun himno a Xoán Bautista en que cada frase era cantada un grao por encima do anterior na escala. As frases iniciais do texto, escrito por Paulo Diácono (aprox. 720 - 799), eran:
Ut queant laxis,
Resonare fibris,
Mira gestorum,
Famuli tuorum,
Solve polluti,Labii reatum.
Máis tarde, Ut foi substituído por Dó, por ser unha sílaba mais cantábel, e foi engadida a sílaba Si, como abreviación de Sante Iohannes (San Xoán). A sílaba Sol chegou a ser máis tarde acurtada para So, para uniformar todas as sílabas de modo a terminaren todas por unha vogal.
As sílabas ut, re, mi, fa, sol e la, chamadas voces, non correspondían a alturas absolutas na escala, mais apenas a graos nun hexacorde. A altura das notas era designada por letras de A a G. A partir dun treito escrito nun modo eclesiástico calquera, podíase traspolo dunha 4ª, 5ª ou 8ª sen modificar ningunha das voces sobre as cales o treito sería cantado. Unha secuencia re-mi-fa trasposta dunha 4ª continuaba a ser considerada re-mi-fa, na solmización, e non sol-la-si bemol como no sistema actual, malia que fose designada por G-A-Bb en vez de D-E-F. Máis tarde, nos países latinos, adoptouse a designación «Dó Re Mi Fa Sol La Si Dó» para representar «C D E F G A B C».
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.