textos litúrxicos do xintoísmo From Wikipedia, the free encyclopedia
Os norito (xaponés: 祝詞) son textos litúrxicos ou ladaíñas rituais do xintoísmo, normalmente dirixidas a un kami concreto.
Os primeiros norito documentados datan do período Nara, rexistrados en textos como o Kojiki (712) ou o Nihongi (720).[1] O Engishiki, unha compilación de leis e regulacións da corte publicada en 927, contén vinte e sete formas representativas de norito.[2]
Non existe unha explicación universalmente aceptada sobre as orixes do termo "norito".[3] Unha teoría deriva esta palabra do verbo noru 宣る ("declarar"), combinado co sufixo -to.[1] Unha variante posible, notto, procede da combinación de norito con koto 言 ("palabra").[1] Isto é coherente coa interpretación de norito como "un termo xeral para o poder máxico das palabra".[3]
Existen varios kanji para "norito". Para alén de 祝詞, a versión actualmente estandarizada, existen no rexistro histórico diversas variantes, como 詔戸言, 詔刀言 ou 諄辞.[1]
Canto á súa estrutura, os norito son poemas con ritmo recitados para facilitar a súa transmisión xeracional.[4] O canto adoitaba comezar con agradecementos ao poder supremo dos kami, e concluían con expresións de respecto e admiración.[4]
Os norito estaban escritos, tradicionalmente, nunha variedade de man'yōgana na que as partículas e os sufixos utilizaban un tamaño máis reducido ca o do corpo do texto.[5] Este estilo, usado tamén nos edictos imperiais ou senmyō 宣命 preservados no Shoku nihongi e outros libros do século VIII, coñécese como senmyōgaki.[6]
Malia que obras como o Kojiki e mais o Nihon shoki conteñen relatos mitolóxicos da tradición xintoísta, o certo é que esta tradición non produciu textos de carácter teolóxico, a excepción dos norito.[7] Estas pregarias empregábanse principalmente en rituais de purificación, e transmitían a gratitude cara os deuses polas súas beizóns, ou facían peticións como a de producir chuvia.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.