Nomenclatura química dos compostos orgánicos

From Wikipedia, the free encyclopedia

A nomenclatura química dos compostos orgánicos (do grego ονοματοκλήτωρ; όνομα 'nome', e κλήτωρ 'chamar'. O termo latino nomenclatūra refírese a unha lista de nomes, ó igual que o nomenclátor) en química orgánica é unha metodoloxía estabelecida para chamar e agrupar os compostos orgánicos.[1]

Nomear "cousas" é unha parte da nosa comunicación en xeral polo uso de palabras e a linguaxe: é un aspecto da taxonomía cotiá para distinguir os obxectos da nosa experiencia, xunto coas súas similitudes e diferenzas, para identificar, nomear e clasificar. O emprego de nomes, así como os diferentes tipos de substantivos incorporados en diferentes linguas, conecta a nomenclatura coa lingüística teórica, mentres que a forma da estrutura mental que se emprega para comprender o mundo en relación co significado das palabras estúdase a través da lóxica conceptual e a filosofía da linguaxe.[2]

A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) é a máxima autoridade en materia de nomenclatura química, a cal se encarga de estabelecer as regras correspondentes.[3]

As cadeas de Simplified Molecular Input Line Entry Specification (SMILES) empréganse de xeito común para describir compostos orgánicos, e é unha forma de "denominalos".[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.