Nikolai Vasilevich Gógol (en ruso: Николай Васильевич Гоголь), nado en Sorochyntsi (Ucraína) o 31 de marzo de 1809 e morto en Moscova o 4 de marzo de 1852, foi un escritor en lingua rusa.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaNikolai Gogol

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Микола Васильович Гоголь-Яновський гербу Яструбець Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(uk) Микола Васильович Яновський Editar o valor en Wikidata
31 de marzo de 1809
Velyki Sorochyntsi, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1852
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii (1931–) 55°43′28″N 37°33′18″L
Mosteiro de Danilov (pt) Traducir (–1931) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónImperial St. Petersburg University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa, belas letras e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, poeta, prosista, xornalista de opinión, mestre, historiador, crítico literario, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1827 Editar o valor en Wikidata - 1852 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorImperial St. Petersburg University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDrama e Prosa Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolay Belousov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioВ. Алов
Г. Янов
N. N.
ОООО
П. Глечик
Н. Г.
*** Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisVasyl Panasovych Gogol-Yanovsky Editar o valor en Wikidata  e Mariia Hohol Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0324690 Allocine: 38194 Allmovie: p217292 IBDB: 7895
Facebook: NikolaiGogolAuthor BNE: XX1157247 iTunes: 401856815 Musicbrainz: 8f0dbea2-30bb-467e-aa51-4e770f87478e Discogs: 2123323 IMSLP: Category:Gogol,_Nikolay WikiTree: Gogol-15 Find a Grave: 400 Tebeosfera: gogol_nikolai_vasilievich Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Naceu nunca familia pertencente a baixa nobreza campesiña rutena na gobernación de Poltava (hoxe Ucraína). Despois de realizar uns estudos pouco brillantes, atopou emprego nun ministerio e, en 1820, marchou a vivir a San Petersburgo, onde traballou como funcionario público. Aló profesou a amizade con Puschkin, dándose a coñecer entre os círculos literarios locais. Viviu en San Petersburgo gran parte da súa vida.

O seu afastamento de Ucraína e a nostalxia inspiráronlle as Вечера на хуторе близ Диканьки (Vechera na khutore bliz Dikan'ki; en galego, Seráns nun casarío preto de Dikanka), (1831-1832), e a súa experiencia laboral inspiroulle a obra Шинель (Shinel, O capote) (1843), cuxo heroe, Akaki Akakiévitch, se converteu no arquetipo do pequeno funcionario ruso. Foi profesor de historia na Universidade de San Petesburgo de 1831 a 1835. Durante este período publicou numerosas noticias, coas coleccións Арабески (en galego, Arabescos) e Mirgorod. En 1836 publicou con grande éxito a súa obra teatral Ревизор (O Inspector), aplaudida polos liberais e atacada polos reaccionarios.

Thumb
Ilustración de Alexander Аgin para a obra As Almas Mortas (1846—1847).

Gógol séntese incomprendido tanto por aqueles que o apoian como polos que o critican. Desconcertado, comeza unha viaxe a través de Europa. Entre 1836 e 1848 viviu principalmente en Roma, viaxando por Alemaña, Suíza, Francia e a propia Italia. Alí comezou, partindo dunha idea do seu amigo Puschkin, a escribir unha novela que é considerada coma o seu mellor traballo e unha das maiores novelas da literatura universal, As almas mortas. Tratou de publicala en 1841 pero o comité moscovita de censura prohibiullo. O libro non aparecerá ata 1842, despois da intervención dos seus amigos e de varias revisións. Máis alá da estafa proxectada polo heroe, bastante rara -as almas son un termo administrativo que designa aos servos, e a posesión de almas mortas pode ser interesante para obter un préstamo garantido sobre elas- esta novela é unha descrición sen concesión da Rusia profunda, unha sátira ás veces desapiadada, pero onde a mirada de fondo, de xeito permanente, é o amor profundo de Gógol a Rusia.

Thumb
1ª ed, d' O Inspector.

De inestable personalidade, vítima de profundas e longas crises depresivas, continúa o seu devagar por Europa e empeora o seu estado de saúde. Nesta época acrecentouse o seu interese polo misticismo o que o leva a viaxar a Terra Santa.

Ao seu regreso a Moscova escribe a segunda parte d' As almas mortas e cae baixo a influencia dun sacerdote fanático, o cal o convence de que as súas obras narrativas eran pecaminosas. A raíz disto, en febreiro de 1852, destrúe gran cantidade dos seus manuscritos inéditos, entre eles a segunda parte d' As almas mortas.

Thumb
Ilustración d' As almas mortas.

Morreu o 4 de marzo de 1852, en Moscova. Foi enterrado no cemiterio de Novodevitchi.

Na súa época foi considerado por uns como escritor romántico e por outros precursor do realismo; liberal para uns, reaccionario para os outros; na actualidade é considerado o primeiro (cronoloxicamente) gran prosista e novelista ruso.

Obra literaria

  • Вечера на хуторе близ Диканьки (Vechera na khutore bliz Dikan'ki; en galego, Seráns nun casarío preto de Dikanka), conxunto de relatos curtos sobre a vida na Ucraína rural, foi un libro recibido con moito entusiasmo. Inclúe relatos como Ночь перед Рождеством (Noiteboa), Майская ночь, или Утопленница (Noite de Maio, ou A afogada) e Заколдованное место (O lugar ameigado).
  • Невский Проспект (A Perspectiva Nevski).
  • Записки сумасшедшего (Diario dun tolo).
  • Сорочинская ярмарка (Sorochinskaya yarmarka, A feira de Sorochinetz).
  • Нос, 'Nos' (O Nariz). Pequena xoia literaria do xénero fantástico, onde o apéndice do protagonista decide independizarse del e usurparlle a súa personalidade.
  • Миргород (Mirgorod) (1835). Inclúe o relato Тара́с Бу́льба (Tarás Bulba), ampliado e convertido en novela máis tarde.
  • Ревизор (O Inspector) (1836). Divertida sátira acerca da codiza e estupidez dos burócratas. Escrita en forma de comedia de erros e considerada por moitos como unha das obras máis significativas do teatro ruso. Nela, os burócratas locais dunha aldea confunden o viaxeiro cun inspector gobernamental que esperaban e ofrécenlle todo tipo de agasallos e coidados para que pase por alto tódalas irregularidades que están a cometer.
  • As almas mortas (Мёртвые души). O conselleiro colexial Pável Ivanovich Chichikov, un aventureiro ambicioso, astuto e falto de escrúpulos, vai dun lugar a outro comprando, roubando e estafando para conseguir os títulos de propiedade dos serventes que aparecen nos censos anteriores pero que xa están mortos, polo que se lles chamaba 'almas mortas'. Con estas 'propiedades' como aval, planea conseguir un crédito para comprar unha propiedade con 'almas vivas'. Ao redor destas viaxes o autor fai profundas reflexións sobre a degradante e abafante influencia da servidume, tanto para o servo como para o amo na Rusia rural da súa época.
    A obra traduciuna ao galego Lourenzo Maroño e publicouna editorial Galaxia en 2023.[1]
  • Шинель (Shinel, O capote). Relato curto acerca dun ocupado funcionario, vítima da inxustiza social.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.