Nicasio Guisasola Domínguez-Gil, nado en Xixón en 1900 e finado en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaNicasio Guisasola Domínguez
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Talavera de la Reina, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Fillo de Juan Guisasola Válgoma. Enxeñeiro agrónomo, foi profesor de Agricultura do Instituto de Vigo. Xerente da fábrica de osíxeno de Vigo, foi propietario da fábrica de cerámica da Fianteira en Vilalonga (Sanxenxo).[1] Secretario de Unión Regional de Derechas de Vigo en 1932,[2] foi deputado pola provincia de Pontevedra pola CEDA nas eleccións xerais de 1933. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 pola candidatura de dereitas, pero non foi elixido. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse na Compañía de Voluntarios de Vigo como brigada, combateu en Extremadura e foi ferido en Villagonzalo,[3] alcanzando a gradación de tenente de complemento de Infantaría. Ao rematar a guerra foi designado Xefe da Sección Agronómica da provincia de Madrid.[4] Finou en accidente de automóbil en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940[5] e foi soterrado en León.[6]

Recoñecementos

  • Medalla de Sufrimentos pola Patria.
  • Cruz de Guerra.
  • 2 cruces vermellas ao mérito militar.

Vida persoal

Casou en Xixón con María Riva Suardíaz en 1925,[7] e foi pai de María Cristina Guisasola Riva.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.