From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicarao é o nome dun suposto xefe indíxena ou cacique que gobernou sobre un territorio no suroeste de Nicaragua a comezos do século XVI. En base das investigacións realizadas por historiadores 2002, descubriuse que o seu nome real era Macuilmiquiztli.
Cristovo Colón, na súa cuarta e derradeira viaxe do ano 1502, explorou a costa leste do que hoxe se coñece como Nicaragua mais non se internou na costa oeste nin entrou en contacto con ningún pobo indíxena. En 1522, o conquistador español Gil González Dávila partiu dende Panamá con 100 homes na primeira incursión cara ás rexións occidentais de Costa Rica e Nicaragua. Cando chegaron ó suroeste de Nicaragua, atoparon unha tribo falante de nahuat, e coa axuda de dous intérpretes indíxenas que ían con González Dávila, foi quen de conversar co cacique da tribo, que dende entón foi referido como Nicarao.[1]
En 2002, investigacións realizadas por dous historiadores nicaraguanos que traballaron de xeito independente, argumentaron que o verdadeiro nome do cacique era en realidade Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" na lingua náhuatl.[1][2][3][4]
Non se sabe o motivo polo cal o nome Nicarao se empezou a asociar co cacique Macuilmiquiztli. É posible que os conquistadores españois derivaran o nome Nicarao en base á etnicidade da tribo, que estaba composta polo pobo pipil-nicarao, que son unha póla dos náhuatls. Andrés de Cereceda, o tesoureiro da expedición de González Dávila,[2] escribiu no seu rexistro os nomes dos caciques das aldeas onde se recolleu o ouro. No veciño Golfo de Nicoya de Costa Rica, eles atoparon a meirande vila indíxena que visitaron, que estaba gobernada por un cacique chamado Chorotega. Dende entón, as fontes lingüísticas empregaron o nome dese cacique como epónimo, "pobo chorotega", para abarcar unha serie de aldeas que tiñan similitudes culturais e lingüísticas malia estar fisicamente separadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.