Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A neuroanatomia é o eido da anatomía que estuda a organización anatómica do sistema nervioso, estuda innumerábeis ligazóns anatómicas entre os nervios do cerebro até a rexión periférica do corpo, centrándose en particular na estrutura interna do cerebro. A neuroanatomía comparada é a ciencia que analiza e contrasta os sistemas nerviosos das diferentes especies, dende os máis sinxelos até os mamíferos ou mesmo o ser humano. O primeiro rexistro escrito coñecido dun estudo da anatomía do cerebro humano corresponde a un texto exipcio, o papiro de Edwin Smith. O seguinte avance no desenvolvemento da neuroanatómía foi arredor de mil anos máis tarde, cando Alcmeón concluíu que o cerebro é o que goberna e dirixe ao resto do corpo, e non o corazón coma se pensaba até o momento. Un dos fundadores da neuroanatomía moderna foi o descubridor da neurona, Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel de medicina no ano 1906[1].
O sistema nervioso dos vertebrados está constituído polo encéfalo e a medula espiñal (sistema nervioso central, SNC), e polas conexións dos nervios que comunican co resto do corpo (sistema nervioso periférico, SNP).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.