Neptuno, fillo de Saturno e Cibeles, en grego coñéceselle como Poseidón (fillo de Crono e Rea). Deus do mar, dos ríos, dos lagos, das fontes e das illas que o rodean. O seu poder chegaba a todos os confíns da terra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Nome orixinal | (la) Neptunus |
---|---|
Biografía | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Antiga |
Celebración | Mitoloxía romana e relixión na Roma antiga |
Familia | |
Cónxuxe | Salácia Anfitrite Tetis Venília |
Fillos | Halaesus () AgamenónBriseis Leucon () AtamanteTemisto Tritón () PoseidónSalácia |
Pai | Saturno |
Irmáns | Vesta Plutón Xúpiter Ceres Xuno |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Os seus símbolos eran o tridente e o cabalo, nun principio, o tridente era a imaxe dos dentes e dos monstros mariños, é tamén unha das armas máis antigas de pesca.
No cristianismo é o símbolo de Cristo pescador de homes; as puntas simbolizan o poder de Deus sobre o pasado, o presente e o futuro. O cabalo é o animal que simboliza os dous polos do cosmos, arriba e abaixo, e tamén a forza de Deus sobre os humanos.
Na busca de muller fixouse en Anfitrite, fermosa ninfa filla de Océano, pero esta negouse a casar con alguén de quen non estaba namorada, aínda que Neptuno sempre se mostraba afable e correcto. Por outra banda, a tristeza de Neptuno foi resolta por un xovial golfiño que convenceu a Anfitrite da gloria e riquezas que obtería se casaba co deus do mar, e esta, finalmente, aceptou.
A súa esposa moi cedo deulle un fillo, Titrón. Tamén foron descendentes seus o xigante Orión e Polifemo, que naceron das súas aventuras con ninfas de fontes e mananciais. Ademais, a súa relación coa gorgona Medusa, débese á aparición de Pegaso, o famoso cabalo alado.
Neptuno, sendo novo, intentou conspirar contra Zeus, polo que este expulsouno do Olimpo e converteuno nun simple mortal. Nesta época traballou para levantar enormes diques que contiveran as ondas que cegaban ata Troia ás ordes de Laomedonte. Pouco tempo despois, reconciliouse con Zeus e traballou incansablemente pola ordenación do mundo submarino que lle foi confiado. Neptuno desempeña un papel importante en moitos mitos, como cando disputou con Atenea o padroado de Atenas.
Tamén axudou, xunto con Apolo, a construír a muralla da cidade de Troia en defensa do rei Laomedonte. Pero negouse a pagarlles o salario convido e Neptuno enviou un terrible monstro mariño que devastou a cidade, estendendo o seu odio ata a guerra de Troia, cando tomou partido polos gregos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neptuno |
Bibliografía
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.