Neftalí Prieto Barrios, nado en Sever (Viana do Bolo) en 1927 e finado en Vigo o 25 de agosto de 2010[1], foi un avogado e político galego do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Neftalí Prieto
Biografía
Nacemento1927
Sever, España
Morte25 de agosto de 2010 (82/83 anos)
Vigo, España
Alcalde de Viana do Bolo
1987 – 1999
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Ourense

Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Alcalde de Viana do Bolo
1963 – 1983
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónavogado, político
Pechar

Traxectoria

Licenciado en Dereito. En 1963 foi nomeado alcalde de Viana do Bolo polo gobernador civil de Ourense, cargo do que tomou posesión o 29 de setembro[2]. Foi nomeado procurador en Cortes en representación dos municipios da provincia de Ourense en 1964[3], permaneceu no cargo até 1967[4]. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Fidel García Courel. Nas municipais de 1987 recuperou a alcaldía tras lograla maioría absoluta á fronte de AP. Nas eleccións de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1999 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó socialista Sergio González Bruña como alcalde. Foi deputado provincial e deputado no Congreso pola provincia de Ourense na II lexislatura (1982-1986).

En xaneiro de 1999 foi condenado polo Audiencia Provincial de Ourense a 2 anos de inhabilitación para cargos públicos por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios, se ben finalmente foi absolto polo Tribunal Supremo en xuño de 2001[5]. Abandonou a política activa en xaneiro de 2002 cando presentou a dimisión como concelleiro para facilitar ao seu grupo unha moción de censura que lles devolvese o goberno, se ben finalmente esta non se produciu.

Predecesor:
?
 
Alcalde de Viana do Bolo
 
1963 - 1983
Sucesor:
Fidel García Courel
Predecesor:
Fidel García Courel
 
Alcalde de Viana do Bolo
 
1987 - 1999
Sucesor:
Sergio González Bruña

Vida persoal

Casou con María del Carmen García Prada en 1954[6].

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.