Natividade da Virxe María
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacemento da Virxe ou Natividade de María celébrase como unha festa litúrxica no santoral católico e na maioría dos santorais anglicanos e que se celebra o 8 de setembro, nove meses despois da solemnidade da súa Inmaculada Concepción celebrada o 8 de decembro.
Natividade da Virxe María | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | Advocación mariana e día festivo | ||
Parte de | Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa | ||
Data | |||
Día periódico | 8 de setembro | ||
Características | |||
Conmemora | Nascimento da Virgem Maria (pt) | ||
[ Wikidata ] |
Orixe
Esta festa, como a da Asunción de María, ten a súa orixe en Xerusalén. Comezou no século V como a festa da basilica Sanctae Mariae ubi nata est, actualmente a Basílica de Santa Ana. No século VII, a festa celebrábase polos bizantinos e en Roma como a festa do nacemento da Boaventurada Virxe María. A festa tamén se celebra polos cristiáns sirios o 8 de setembro[1] e polos cristiáns coptos no 1 Bashans (isto é, o 9 de maio).
A festa foi incluída no Calendario Tridentino para o 8 de setembro e permaneceu nesa data.
Advocacións marianas
Existen numerosas advocacións marianas locais que se celebran nesta festividade, entre as que destaca en Galicia a da Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza.
Representación artística
A escena foi frecuentemente representada na arte, como parte de ciclos da Vida de María. Representacións medievais tardías son a miúdo valiosos documentos de interiores domésticos e os seus arranxos - nesta época o interior é a miúdo de casas adiñeiradas. Entre eles están:
- O nacemento da Virxe de Giotto, na Capela dos Scrovegni, Padua.
- O nacemento da Virxe de Ghirlandaio, en Santa Maria Novella, Florencia.
- O nacemento da Virxe, de Bartolomeu Esteban Murillo, no Museo do Louvre de París.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.