filme de 2020 dirixido por Margarita Ledo From Wikipedia, the free encyclopedia
Nación é un filme galego de 2020 dirixido por Margarita Ledo Andión e rodado en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 9 de novembro de 2020.
Nación | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nación |
Director | Margarita Ledo Andión |
Guión | Margarita Ledo Andión |
Intérpretes | Mónica Camaño Nieves Pérez Lusquiños Xoana Pintos |
Música | Mercedes Peón |
Fotografía | Alberte Branco |
Montaxe | Marcos Flórez NUMAX |
Estrea | Festival de Sevilla: 9 de novembro de 2020 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Documental |
Recadación | 19.834,38 €[1] |
Na rede | |
https://nacion-film.gal/web1.0/ | |
|
Conta a loita das operarias da fábrica de cerámica A Pontesa (que pechou en 2001 en Ponte Sampaio, Pontevedra) que mestura arquivo documental con testemuños destas mulleres e escenas ficcionadas.
O filme conseguiu o Premio Especial á mellor dirección dun filme español que teña a súa estrea nacional ou mundial, no Festival de Cinema Europeo de Sevilla 2020. Tamén conseguiu o distintivo “especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero” que outorga o Instituto de la Cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para os filmes que se distribúen comercialmente en salas.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.