O músculo psoas-ilíaco é un músculo do abdome e da parta anterior da coxa. Está formado por dúas porcións, unha superior, o psoas maior e unha inferior, o ilíaco:

  • Psoas maior: insírese na columna vertebral, nas apófises costiformes na décimo segunda vértebra dorsal e das cinco vértebras lumbares. Descende cara ás porcións ilíacas do coxal.
  • Ilíaco: insírese no bordo interno da crista ilíaca e nas espiñas ilíacas.
Thumb
Posición do músculo no corpo.

Por debaixo do arco crural únese e insírense xuntos no trocánter menor da epífise superior do fémur. Ao longo do traxecto está en íntima relación co plexo lumbar e con diversas estruturas, que inclúen os vasos ilíacos, os riles e os uréteres.

Función

Ten unha dobre función:

  • Flexor da cadeira e lixeiro rotador externo da coxa, a través das insercións de orixe.
  • Flexor do tronco, a través das insercións distais.

Innervación

Recibe febras do plexo lumbar e do nervio ciático.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.