Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
museo na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
museo na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.[2]
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía | |
---|---|
Prisma de Cristal, MUNCYT, A Coruña. | |
País | Galicia |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Científico, tecnolóxico |
Director | Ramón Núñez Centella |
Construción | Victoria Acebo e Ángel Alonso |
Inauguración | 2012 |
Superficie | 6500 m² [1] |
Na rede | |
http://www.muncyt.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.
Existen visitas guiadas e proxeccións.
O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos Príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño.
O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio,[3] gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo[4] e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais.
O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano.[5]
En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.