coleccións filatélica e numismática dos Museos Vaticanos From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Filatélico e Numismático da Cidade do Vaticano é a denominación dunha das coleccións dos Museos Vaticanos, constituída coa súa configuración actual en 2007. O museo recolle todas as moedas e os selos emitidos pola Cidade do Vaticano desde o momento da súa fundación como Estado en 1929, ademais doutras pezas correspondente aos anteriores Estados Pontificios.[1][2][3]
Museo Filatelico e Numismático da Cidade do Vaticano | |
---|---|
Indicativo do Museo Filatélico e Numismático da Cidade do Vaticano | |
Coordenadas | 41°54′23″N 12°27′16″L |
País | Cidade do Vaticano |
Inauguración | 22 de outubro de 1936 |
Na rede | |
http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/es.html | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Filatélico e Numismático comezou na década de 1930 como unha das coleccións dos Museos Vaticanos, nunhas salas próximas á carecterística escaleira helicoidal. Aquela exposición inicial foi inaugurada o 22 de outubro de 1936 e alí permaneceu ata o 1 de outubro de 1987, cando se mudou a unhas instalacións moito máis amplas na Torre Borgia, compostas por catro salas cunha superficie total de 250 metros cadrados.[2][3]
En 1990, o Museo Filatélico e Numismático trasladouse novamente, esta vez a unha única sala, de 540 m2, no edificio da estación de ferrocarril do Vaticano.[3]
O 25 de setembro de 2007, a colección filatélica e numismática retornou á súa localización orixinal nos Museos Vaticanos, o que facilita moito a súa visita, ao compartir a sede co resto das coleccións.[2][4] De feito, o día da súa inauguración os visitantes do Museo Filatélico e Numismático chegaron a 21.000.[3]
Esta sección abrangue todas as emisións de selos postais organizadas segundo o período de pontificado, desde Pío XII ata o papa Francisco. Ademais, expóñense outros obxectos como tarxetas postais e aerogramas, e numerosos exemplares das emisións filatélicas do Estado Pontificio (1852-1870), con selos novos, anulados e franqueados.[2][5]
Forman parte tamén desta sección outros obxectos como cilindros, placas e outros materiais tipográficos utilizados para a impresión dos selos, así como esbozos e proxectos dalgúns dos selos expostos nas vitrinas do museo.[2]
As vitrinas e os expositores albergan as emisións numismáticas vaticanas desde 1929 (en liras vaticanas ata 2001 e en euros a partir desa data), tanto as conmemorativas como as de curso legal, así como medallas e moedas anteriores correspondentes ao Estado Pontificio.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.