From Wikipedia, the free encyclopedia
Mr. Bean's Holiday é un filme de 2007 baseado na comedia británica O señor Bean, que á súa vez serve como secuela do filme de 1997 Bean. Dirixido por Steve Bendelack e escrito por Hamish McColl e Robin Driscoll a partir dunha historia de Simon McBurney, é unha coprodución entre o Reino Unido, os Estados Unidos de América e Francia producida por StudioCanal, Working Title Films e Tiger Aspect Films, e distribuída por Universal Pictures. Está protagonizado por Rowan Atkinson, xunto con Max Baldry, Emma de Caunes, Willem Dafoe e Karel Roden.
Mr. Bean's Holiday | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mr. Bean's Holiday |
Director | Steve Bendelack |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | O señor Bean de Richard Curtis e Rowan Atkinson |
Intérpretes |
|
Música | Howard Goodall |
Fotografía | Baz Irvine |
Montaxe | Tony Cranstoun |
Estudio |
|
Distribuidora | Universal Pictures (Internacional) StudioCanal (Francia)[1] |
Estrea | 30 de marzo de 2007 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Estados Unidos[2] Reino Unido Francia[2] |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 25 millóns de dólares[3] |
Recadación | 232,2 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.mrbean.co.uk/ e http://www.mrbeansholiday.net/ | |
Mr. Bean's Holiday estreouse nos cinemas do Reino Unido o 30 de marzo de 2007 e nos Estados Unidos o 24 de agosto de 2007. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica mais foi un éxito de recadación, superando os 232,2 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 25 millóns.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.