Monumento a Curros Enríquez
monumento na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
monumento na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Monumento a Curros Enríquez é unha obra realizada polo escultor galego Francisco Asorey e situada nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Foi inaugurada en 1934[1] como homenaxe a Manuel Curros Enríquez, que falecera en 1908.
Monumento a Curros Enríquez | |
---|---|
Monumento a Curros Enríquez | |
Presentación | |
Localización | A Coruña |
Dirección | Xardíns de Méndez Núñez |
Tipo | Escultura |
Construción | |
Data da construción | 1934 |
Equipo | |
Escultor | Francisco Asorey |
O monumento está formado por grandes bloques de pedra semellantes a dolmens ou aras celtas.[2] A base está rodeada de auga e entre as gretas sitúanse plantas autoctónas galegas xunto con representacións de monstros.[1]
No centro, hai unha figura de Curros Enríquez de 3,30 m de altura, cunha lira nas mans.[3] A cada lado da escultura hai senllas representacións da vida no campo galego, dun lado figuras que representan os labregos, xunto cun boi, e doutro unhas mulleres que representan a agricultura, xunto cun cabalo.[1] Na parte superior, unha muller espida cos brazos ergueitos representa a apoteose de Galicia.[1]
Na parte traseira hai unha furna que se preparou para incluír unha imaxe da Virxe do Cristal que non se chegou a colocar.[1] Tamén se pensou en levar os restos do escritor desde o cemiterio de Santo Amaro, mais o concello no concedeu o permiso.[3]
Pouco despois do falecemento de Curros Enríquez xa se pensou na construción dun monumento na cidade da Coruña, pois o mesmo 1908 se creou unha comisión presidida polo alcalde Antonio Lens coa participación da Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes para recadar fondos. Porén, ao non conseguir o obxectivo, a idea foi desbotada.[1]
Finalmente, en 1921, a Real Academia Galega establece que os cartos recadados se dediquen a un monumento que se colocaría na praza de Ourense e ábrese un concurso para artistas de toda España. En abril de 1922 o concello da Coruña indica que o monumento será de granito e se colocará nos Xardíns de Méndez Núñez. Chegouse a poñer a primeira pedra o 22 de xullo de 1923, mais o pasamento do presidente da Academia, Andrés Martínez Salazar, volve parar a obra.[1]
O 7 de marzo de 1927, a xunta de goberno da Academia, presidida por Eladio Rodríguez González convocou un concurso para o deseño do monumento que quedou deserto. Nun segundo concurso, que tivo como xurado o Marqués de Figueroa, Sotomayor, Palacios, Lloréns e Rodríguez González, concedéuselle o primeiro premio a Asorey.[1]
Despois de varios problemas máis co orzamento e novas recadacións, o monumento foi inaugurado en 1934 polo presidente da república Niceto Alcalá-Zamora en 1934,[1] acompañado polo alcalde Suárez Ferrín e o presidente da Academia Lugrís Freire.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.