Molise
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Molise é unha rexión centrooriental italiana, cunha poboación en torno aos 313 348 habitantes (2015). A capital é Campobasso. Limita cos Abruzos, o Lacio, a Campania, a Puglia e o mar Adriático. A rexión está dividida en dúas provincias: Campobasso e Isernia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Capital | Campobasso | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 304.285 (2019) (68,56 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua arbëreshë Língua croata molisana (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.438 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático | ||||
Altitude | 631 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Molise (en) | ||||
• President of Molise (en) | Donato Toma (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of Molise (en) Circunscrición: 2, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-67 | ||||
Código NUTS | ITF2 | ||||
Identificador ISTAT | 14 | ||||
Páxina web | regione.molise.it | ||||
A superficie da rexión divídese case a partes iguais entre zonas montañosas (55,3% do territorio) e zonas de outeiros (44,7%). A zona montañosa esténdese ao longo dos Apenino Campano (a parte dos Apeninos que separa as rexións de Molise e Campania). Os montes da Meta (2.241 m) forman un punto de encontro na liña divisoria entre Molise, os Abruzos e o Lacio. Tamén destacan os montes do Matese, que marcan a fronteira coa Campania e acadan os 2.050 m co monte Miletto. Na zona oriental, no subapenino, o territorio vai descendendo caro o mar con outeiros non moi altos e de formas redondas.
O clima é de tipo semicontinental, con invernos xeralmente fríos e veráns calorosos. Na costa o clima é máis temperado, adentrándose no interior da rexión as temperaturas baixan bastante no inverno (no período invernal, Campobasso é unha das cidades máis frías de Italia, a pesar da súa localización xeográfica). Tamén no verán as temperaturas son máis temperadas na costa polas brisas mariñas procedentes do Adriático.
Desde a época do Imperio Romano Molise formou parte do Abruzo Citerior, estando unida aos Abruzos na rexión "Abruzos e Molise" até 1963, cando a provincia de Campobasso foi proclamada rexión uniprovincial. Os Abruzos como rexión histórico-cultural comeza no río Tronto e termina no Fortore, río que dá nome á parte meridional da rexión, a Frentania. Os territorios do baixo Molise son para todos os efectos abruzzanos: abruzzano (de tipo adriático) é o dialecto, abruzzanos son as tradicións, tamén a arquitectura das igrexas e os edificios.
A minoría lingüística croata constituíuse establecéndose en Molise, máis concretamente na provincia de Campobasso, no territorio comprendido entre os ríos Biferno e Trigno. Trátase exactamente de tres concellos: Acquaviva Collecroce, Montemitro e San Felice del Molise. Só nestes tres concellos se conserva aínda a lingua, os usos e costumes dos prófugos croatas que colonizaron estas terras hai máis de 400 anos. O idioma falado por esta minoría é substancialmente a antiga lingua croata do tipo štòkavo-ìkavo, aínda usada na Dalmacia central entre os ríos Cettina e Narenta, nunha área repartida entre Croacia e Erzegovina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.