Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O modelo de cores RGB é un modelo de cores aditivo[1] no que as cores primarias vermella, verde e azul da luz engádense nun medio escuro mesturándose para reproducir unha ampla gama de cores. O nome do modelo provén das iniciais en inglés das tres cores primarias aditivas, vermello (red), verde (green) e azul (blue).[2]
O principal propósito do modelo de cor RGB é a detección, representación e visualización de imaxes en sistemas electrónicos, como televisores e ordenadores, aínda que tamén se utilizou na fotografía convencional. En contraposición, as impresoras utilizan o modelo CMYK de cores subtrativas.
O RGB é un modelo de cor que depende dun dispositivo para reproducirse. Cada dispositivo detecta e reproduce de maneira distinta un mesmo valor de RGB, xa que os elementos que nos aportan luz e cor (como fósforos ou colorantes) varían dependendo do fabricante ou no mesmo dispositivo ao longo do tempo. Así, un valor RGB non define a mesma cor en todos os dispositivos sen algún tipo de xestión da cor.[3]
Antes da era electrónica, o modelo de cor RGB xa tiña unha sólida teoría detrás, baseada na percepción humana das cores. O modelo de cor RGB baséase na teoría Young-Helmholtz de que a cor é tricromática desenvolta por Thomas Young e Hermann von Helmholtz no século XIX e no triángulo de cores de Maxwell. O uso do modelo RGB como estándar para a presentación en cor en Internet ten as súas raíces nos estándares de cor dos televisores RCA de 1953 e no uso do estándar RGB nas cámaras Land/Polaroid.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.