Milii Alekseevich Balakirev (en ruso: Милий Алексеевич Балакирев), nado en Nizhnii Novgorod en 1837 e finado en San Petersburgo en 1910, foi un compositor ruso.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia humilde, traballou na adolescencia para Oulibichev, autor dunha biografía de Mozart, e quen lle confía a dirección da súa banda. Logo de facer un curso universitario de matemáticas, marchou a San Petersburgo cheo de ardor patriótico, en 1855 coñece a Mikhail Glinka, precursor da música rusa, cofundador da Escola Libre de Música (1862) e do grupo coñecido como o dos cinco (Могучая Кучка), formado por compositores autodidactas como el: César Cui, Alexander Borodin, Modest Musorgskii e Nikolai Rimskii-Korsakov, Balakirev é a alma do grupo e quen supervisa e corrixe os traballo dos seus amigos. A partir de 1862 percorre o Cáucaso e Crimea e recompila numerosas páxinas de música tradicional.
É autor de dúas sinfonías, dous poemas sinfónicos (Rusia e Tamara), catro aberturas e numerosas pezas de piano, entre as que destaca Islamey: unha fantasía oriental
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milii Balakirev |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.