Mikhail Gorbachev

Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética From Wikipedia, the free encyclopedia

Mikhail Gorbachev

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022,[1] foi un político ruso que foi o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e presidente executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas dende 1989 até 1991.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Mikhail Gorbachev
Thumb
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1931
Privolnoye (Unión Soviética)
Morte30 de agosto de 2022 (91 anos)
Kremlin Medicine (Rusia)
Causa da morteinsuficiencia renal
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii
Presidente da Unión Soviética
15 de marzo de 1990 – 25 de decembro de 1991
 sen valor – Supresión do cargo
Chairman of the Supreme Soviet of the USSR (en)
25 de maio de 1989 – 15 de marzo de 1990
 sen valor – Anatoly Lukyanov (en)  
11º Chairman of the Presidium of the Supreme Soviet of the Soviet Union (en)
1 de outubro de 1988 – 25 de maio de 1989
 Andrei GromikoSupresión do cargo
6º Secretário-geral do Partido Comunista da União Soviética (pt)
11 de marzo de 1985 – 24 de agosto de 1991
 Konstantin ChernenkoVladimir Ivashko (pt)  
Datos persoais
Ideoloxía políticaMarxismo-leninismo e socialdemocracia
RelixiónAteísmo
EducaciónStavropol State Agrarian University (en) (–1967)
Moscow State University, Faculty of Law (en) (–1955)
Universidade Estatal de Moscova
Actividade
Campo de traballoPolítica, reforma econômica (pt) , democratización, Perestroika e political reform (en)
Ocupaciónpolítico, economista, activista medioambiental, xurista, avogado
EmpregadorKomsomol (pt)
Fundação Gorbachev (pt)
Partido políticoUnion of Social Democrats (en) (2007–)
Partido Social Democrata da Rússia (pt) (2001–2007)
Russian United Social Democratic Party (en) (–2001)
Partido Comunista da Unión Soviética (1950–1991)
Membro de
Influencias
Carreira militar
Rango militarCoronel
Participou en
1 de xaneiro de 1997Mikhail Gorbachev Pizza Hut commercial (en)
1996Visiting Dmitry Gordon (en)
2 de xullo de 199028th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
23 de febreiro de 198126th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
24 de febreiro de 197625th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
30 de marzo de 197124th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
17 de outubro de 196122nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en)
Familia
CónxuxeRaíssa Gorbachova (1953–1999), morte do cónxuxe
FillosIrina Virganskaya
PaisSergey Gorbachev   e Maria Gorbacheva
Cronoloxía
30 de agosto de 2022Mikhail Gorbachev, último líder soviético, morre aos 91 anos (pt)
26 de abril de 1986Accidente de Chernóbil
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteLentapedia
Lentapedia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Горбачёв Михаил Сергеевич)
Sitio webgorby.ru
Allocine: 37163
WikiTree: Gorbachev-2
Pechar

Traxectoria

Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes[quen?] afirman que naceu en 1935) en Privolnoe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maksimovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.

Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á guerra fría.

En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Belarús. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.

Thumb
Gorbachev e Ronald Reagan.

Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Eltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como secretario xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. No Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como presidente executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.

Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.

En 1992 Mikhail Gorbachev creou a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e foi[cando?] o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.

Conto da orixe galega

Nos anos oitenta, un artigo escrito polo profesor de Carballeda de Valdeorras Tomás Terrón, en La Región, especulaba coa idea de que Gorbachev fose de antergos galegos[2]. Segundo el, uns investigadores (que non nomea) atoparan que o avó de Gorbachev fora un emigrante valdeorrés, Antón Corbacho, que pasara a través de Europa Central ata a Rusia tsarista, e que alí batera coa Revolución de 1917. O fillo, Manuel, estudara sendo este investigador, no seminario de Tbilisi e fora o pai do dirixente soviético. En paralelo, o suposto autor bilbaíno Gabriel Carrete, sinalaba en declaracións á prensa galega[3] que "é evidente que algunhas xentes de nome Gorb son de procedencia galega", en apoio da tese de Terrón. Non hai ningunha fonte, de ningún tipo, que sosteña este conto.

Obras selectas

  • Perestroika, 1988.
  • The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
  • Memorias, 1996.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.