Miguel I Cerulario, en grego medieval Μιχαήλ Α' Κηρουλάριος, e en latín Michael I Cerularius, nado en Constantinopla contra o ano 1000 e finado o 21 de xaneiro de 1059, foi patriarca de Constantinopla do 25 de marzo de 1043 ao 2 de novembro de 1058.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1005 Constantinopla, Turquía |
Morte | 21 de xaneiro de 1059 (53/54 anos) Constantinopla, Turquía |
Patriarca de Constantinopla | |
1043 – 1059 ← Aléxio de Constantinopla (pt) – Constantino III de Constantinopla (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Constantinopla |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | bispo |
Descrito pola fonte | Larousse Encyclopedia online (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Traxectoria
Foi un dos axentes da ruptura entre as Igrexas de Constantinopla e de Roma en 1054 (Gran Cisma de Oriente). Foi excomungado por León IX.
En 1056, rexeitou aliarse con Teodosio, curmán do emperador Constantino IX Monómaco na súa loita polo poder contra Miguel VI. Sábese, con todo, que se opuña á facción que estaba no poder en Constantinopla. Foi enviado ao exilio, pois o emperador sospeitaba que quería ocupar o seu posto. Unha vez morto, fíxose regresar o seu corpo a Constantinopla para o enterrar con grande pompa. Miguel Psellos, un dos seus máis vivos opositores, escribe unha oración fúnebre e un panexírico. Cerulario era extraordinariamente popular e o poder vixente quería aproveitarse do fervor do pobo con vistas aos seus propósitos. A súa sobriña, Eudocia Makrembolitissa, muller do emperador Constantino X, fará del o portaestandarte da independencia da Igrexa Ortodoxa con respecto á romana despois do cisma de 1054.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.