Miguel Ángel Cámara Botía, nado en Orihuela o 6 de maio de 1955, é un profesor e político español, alcalde de Murcia entre 1995 e 2015.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1955 (69 anos) Orihuela, España |
Alcalde de Murcia | |
1995 – 2015 ← José Méndez Espino – José Ballesta → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Murcia Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Murcia |
Ocupación | político, profesor universitario |
Partido político | Partido Popular |
Traxectoria
Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Murcia en 1981, e en 1982 obtivo o título de diplomado en Administración de Empresas pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu a docencia na Universidade de Murcia, chegando a ser Profesor Titular de Química Agrícola desta mesma Universidade.
Desde 1995 ocupou o cargo electo de alcalde da cidade de Murcia polo Partido Popular, posto que foi revalidando en varios comicios. Antes disto, foi concelleiro desta localidade durante varios anos. Foi Presidente da Federación de Municipios da Rexión de Murcia desde 1995.
En maio de 2012 foi imputado por un presunto delito de prevaricación administrativa dentro das investigacións do caso 'Umbra', que investiga unha presunta trama de corrupción urbanística no municipio de Murcia, no que tamén están imputados o concelleiro de Urbanismo do Concello de Murcia; así como o dono do Real Murcia, Jesús Samper; e María Isabel Fernández, xefa da Oficina de Goberno Local de Murcia e muller de Alberto Guerra, antigo director da Xerencia de Urbanismo.[2]
Outros cargos e datos
- Secretario do Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Ciencias e Letras de Murcia (1980-1987).
- Presidente da Asociación Profesional de Profesores Titulares da Universidade de Murcia (1985-1986).
- Conselleiro do Ente de Radio Televisión Murciana (1991-1994).
- Ingresou en Alianza Popular a principios de 1983.
- Responsable da Comisión Rexional de Educación (1983-1984).
- Secretario de Acción Territorial da Xunta Local do Partido Popular de Murcia (1984).
- Vicepresidente da Xunta Local do Partido Popular de Murcia (1987-1988).
- Secretario Rexional de Organización do Partido Popular (1987-1989).
- Secretario Xeral Rexional do Partido Popular de Murcia desde a celebración do VIII Congreso Rexional de 1990, e reelixido no IX, X e XI Congreso dos anos 1993, 1996 e 1999 respectivamente.
- No Concello de Murcia desempeñou as funcións de portavoz das comisións de Cultura, Deportes e Descentralización (1987-1991).
- Portavoz na Comisión de Facenda e Contratación no Concello de Murcia desde 1991.
- Vocal da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, elixido no XII Congreso Nacional celebrado en xaneiro de 1996.
- Membro do Consello Federal da Federación Española de Municipios e Provincias de España desde 1995.
- Presidente da Comisión de Medio Ambiente e Ecoloxía da Federación Española de Municipios e Provincias 1999-2003.
- Presidente da Comisión de Educación da Federación Española de Municipios e Provincias desde 2003.
Vida persoal
Está casado con Marisol Meroño, e son pais de tres fillos, Miguel Ángel, Alberto e Soledad.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.