Methone (en grego Μεθωνη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.
de imaxes tomadas cando se procuraban novas lúas de Saturno a 1 de xuño do 2004. | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Equipo de imaxes da sonda Cassini |
Descuberta no | 1 de xuño do 2004 |
Designación alternativa | Saturno XXXII |
Características orbitais[1] | |
Eixo semimaior | 194.440 ± 20 km km |
Excentricidade | 0,001 |
Período orbital | 1,009573975 d |
Inclinación | 0,007 ± 0,003° respecto do ecuador de Saturno |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro medio | ≈ 3 km |
Masa | 0,7 - 3 x 1013 kg[2] |
Densidade media | descoñecida |
Gravidade superficial | descoñecida |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Albedo | descoñecido |
Oblicuidade | descoñecida |
Foi vista por primeira vez polo Equipo de Imaxes da Cassini[3][4] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 1. Methone é tamén coñecida coma Saturno XXXII.
Methone está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, e ademais 5° na lonxitude, estas variacións teñen lugar ó longo duns 450 días terrestres. A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,0011 e 0,0037 para a excentricidade e entre 0,003° e 0,020° para a inclinación.[1] A proximidade ás órbitas de Pallene e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
O nome de Methone foi aprobado pola UAI o 21 de xaneiro do 2005 [5] e ratificado na Asemblea Xeral da UAI do 2006. Methone recibiría o nome dunha das sete fillas do xigante Alcioneo.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.