actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Melanie Griffith, nada en Nova York o 9 de agosto de 1957, é unha actriz de cine estadounidense gañadora do Globo de Ouro. É filla da actriz Tippi Hedren e Peter Griffith.
Tras traballar como modelo e tras a interpretación dun bo número de papeis secundarios, obtivo o seu primeiro éxito con Dobre corpo (Brian De Palma, 1985). Entre os seus títulos posteriores cabe citar Algo salvaxe (J. Demme, 1988), Armas de muller (M. Nichols, 1988), De súpeto, un estraño (J. Schlesinger, 1990), Unha estraña entre nós (S. Lumet, 1992), Two Much (Fernando Trueba, 1995), Celebrity (1998) e Tolos en Alabama (1999). Viuse relacionada sentimentalmente con actores como Steven Bauer, Don Johnson e Antonio Banderas, o seu actual marido.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Melanie Griffith |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.