Remove ads
cualificación máxima e extraordinaria obtida nunha materia na universidade From Wikipedia, the free encyclopedia
A matrícula de honra no sistema universitario de España é a máxima cualificación que se pode obter nunha materia dalgún estudo universitario.[1] É un recoñecemento outorgado en España que premia o rendemento académico dos alumnos que obteñen a máxima cualificación nunha determinada disciplina académica ou materia.[2]
Segundo a Gran Eciclopedia Catalá, a matrícula de honra é a "cualificación máxima e extraordinaria obtida nunha materia que xeralmente permite matricularse gratuitamente no curso seguinte na materia equivalente".[3]
A obtención dunha ou varias matrículas de honra nalgunha ou algunhas materias universitarias supón un desconto ou anulación das taxas de matrícula do curso seguinte correspondente ao crédito académico nos que se conseguiu esta mención (este desconto denomínase "bonificación por matrícula de honra"[4][5]).
Non se debe confundir coa distinción de matrícula de honra en Bacharelato (aínda que teñan un nome parecido), que é unha distinción, premio ou recoñecemento (creado no ano 2012 polo Goberno de España) sobre a nota media global do título de Bacharelato.
A cualificación de matrícula de honra no sistema universitario de España está regulado polo Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.[6]
A matrícula de honra na universidade concédese en cada materia matriculada do grao, ao alumno que obteña unha cualificación igual ou superior a 9 e ademais mereza esa cualificación, recoñecendo o rendemento académico do alumno premiado e isto leva un desconto nas taxas da universidade do ano posterior igual ao número de créditos nos que se obtivo dita distinción. A lexislación establece que cada centro pode conceder unha matrícula de honra por cada vinte estudantes.[7]
As matrículas de honra universitarias regúlaas cada comunidade autónoma e cada universidade. Por exemplo, na UNED está regulada pola Orde ECD/1097/2016, de 5 de xullo, pola que se fixan os prezos públicos polos servizos académicos universitarios na Universidade Nacional de Educación a Distancia para o curso 2016-2017.[8]
Os estudantes co mellor expediente de cada promoción serán recoñecidos co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Os centros (que poden ser as Facultades ou as Escolas Politécnicas) propoñen ao Consello da Universidade a concesión dos premios extraordinarios por cada titulación da universidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.