extirpación cirúrxica das mamas From Wikipedia, the free encyclopedia
A mastectomía é o termo médico para a extirpación cirúrxica dunha ou ambas as mamas de xeito parcial ou completo. Esta extirpación pode ser preventiva ou ben curativa.[1]
Mastectomía | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Paciente mastectomizada. | |
MedlinePlus | 002919 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A mastectomía usualmente realízase para tratar o cancro de mama; nalgúns casos, as mulleres que presentan alto risco de contraer cancro de seo (tamén coñecido como cancro de mama) fanse a operación profilacticamente, é dicir, para previr o cancro en lugar de para tratalo. En contraste nunha lumpectomía, só unha porción de tecido é extirpada en lugar de todo o seo.
A miúdo a mastectomía era realizada durante a mesma operación na cal se tomaba a biopsia para confirmar o diagnóstico. Hoxe en día, a decisión de facer unha mastectomía é usualmente baseada nunha biopsia realizada previamente. Tamén, hai unha tendencia a un tratamento máis conservador co cancro de mama. A práctica cambiou, por unha banda, debido ás melloras en radioterapia e tratamento coadxuvante (por exemplo quimioterapia e terapia hormonal) e por outra banda nun recoñecemento máis temperán da metástase do cancro de mama.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.