militar e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Martín José Iriarte Urdániz, nado en Urritza (concello de Imotz, Navarra) o 8 de outubro de 1799 e finado en Gayangos (Merindad de Montija, Burgos) o 8 de xullo de 1872,[1] foi un militar e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1799 Urritza, España |
Morte | 8 de xullo de 1872 (72 anos) Gayangos, España |
Senador de España | |
14 de xullo de 1858 – decembro de 1868 Circunscrición electoral: senador vitalicio | |
Capitán xeneral de Galicia | |
29 de setembro de 1855 – 20 de decembro de 1855 ← Francisco Osorio e Ibáñez – Francisco Ruiz Martínez → | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
13 de febreiro de 1855 – 2 de setembro de 1856 ← Francisco Santa Cruz Circunscrición electoral: Cuenca | |
Senador de España | |
14 de febreiro de 1842 – decembro de 1843 Circunscrición electoral: Provincia da Coruña | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
25 de marzo de 1841 – 8 de xaneiro de 1842 Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Capitán xeneral de Galicia | |
14 de setembro de 1840 – 14 de novembro de 1840 ← José Laureano Sanz – Santos Fernández San Miguel y Valledor → | |
Vicerrei de Navarra | |
xullo de 1837 – setembro de 1837 ← Joaquín Ezpeleta Enrile – Francisco Cabrera → | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | capitán xeneral |
En 1817 embarcou para América combatendo no Perú ata 1825. Brigadier, home de confianza de Espartero. Foi vicerrei de Navarra (1837). Foi nomeado Comandante militar de Ourense en novembro de 1839. Destinado na Coruña, participou na rebelión progresista de 1840 e foi nomeado pola Xunta Central Capitán Xeneral de Galicia o 14 de setembro de 1840, en substitución de Laureano Sanz. Foi substituído polo xeneral Santos San Miguel o 4 de novembro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de febreiro de 1841. Nomeado senador pola provincia da Coruña o 29 de marzo de 1841, renunciou o 30 de abril. Membro da Xunta de Salvación, Armamento e Defensa de Madrid en 1854 (do 19 de xullo ao 1 de agosto). Ascendido a Tenente Xeneral en agosto de 1854, foi nomeado Capitán Xeneral das Vascongadas. Volveu ser elixido deputado a Cortes por Cuenca en 1854. Volveu ser nomeado Capitán Xeneral de Galicia o 29 de setembro de 1885, pero cesou o 18 de outubro dese mesmo ano. En decembro foi nomeado inspector do Corpo de Carabineros da Facenda Pública, do que finalmente foi Director xeral en 1859. Foi nomeado senador vitalicio en 1858.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.