personaxe literaria de Valle-Inclán From Wikipedia, the free encyclopedia
O Marqués de Bradomín é un personaxe de ficción creado por Ramón María del Valle-Inclán e considerado por parte da crítica como o álter ego do autor. Protagonista da tetraloxía narrativa das Sonatas (de outono, estío, primavera e inverno, escritas entre 1902 e 1905), a personaxe aparece como unha especie de Don Juan con espírito de cruzado. Valle-Inclán recoñeceu terse inspirado na figura de Carlos Calderón y Vasco, militar español que chegou a ser brigadier durante a terceira guerra carlista,[1] aínda que noutra ocasión dixo que se inspirou no escritor Ramón de Campoamor.[2] A popularidade da personaxe deu lugar a un un premio literario, convocado desde 1985, e un título nobiliario póstumo a Valle-Inclán, creado en 1981.[3] Tamén o menciona Antonio Machado, no seu poema autobiográfico en Campos de Castilla.
Presentado polo propio autor na súa autobiografía como o seu "nobre tío", de nome Xavier, «Aquel vello, cínico, descrido e galante como un cardeal do Renacemento!" [4] un "donjuán" "feo, católico e sentimental".[5] A súa primeira aparición na prensa española está rexistrada en Los Lunes del Imparcial, onde Valle-Inclán comezou a publicar Sonata de outono (1902), cuxa trama transcorre na Galicia natal do autor e o personaxe é un home maduro. Bradomín reaparece como protagonista das outras tres sonatas que, sen respectar nin os ciclos vitais nin a orde estacional, apareceron nos anos posteriores. Así, a Sonata de estío (1903) transcorre en México, a Sonata de primavera (1904) faino en Italia cun Bradomín xuvenil e a Sonata de inverno (1905) en Navarra.[6]
Aventureiro modernista digno do Romanticismo, Bradomín estivo en Tierra Caliente e en Terra Santa, foi garda nobre do Papa e capitán de Lanceiros ao servizo do aspirante Carlos VII.[7] Este último contexto fai que o marqués apareza en acción ou mención na triloxía carlista de Comedias bárbaras,[8] que forman as pezas dramáticas Águila de blasón (1907), Romance de lobos (1908) e Cara de plata (1923), e entre cuxas versións teatrais cabe citar a de Bigas Luna en 2003.[9]
En 1959, Francisco Rabal interpretou o Bradomín da Sonata de estío na adaptación cinematográfica de Juan Antonio Bardem, de produción hispano-mexicana.[10]
O donjuanismo, tema recorrente na literatura española, espello das peripecias de Casanova e os soños de Barbey d'Aurevilly,[11] foi definido polo propio Valle-Inclán con esta reflexión, na que o autor aparta o mito clásico da esencia de Bradomín, a súa personaxe:
Don Juan é un tema eterno e nacional; pero Don Juan non é esencialmente conquistador de mulleres; caracterízase tamén pola impiedade e polo desacato ás leis e aos homes. En Don Juan desenvólvense tres temas. Primeiro, falta de respecto aos mortos e á relixión, que é unha mesma cousa; segundo, satisfacción das súas paixóns saltando sobre o dereito dos demais, terceiro, conquista de mulleres. É dicir, diaño, mundo e carne, respectivamente. Don Juan é o anxo rebelde; é monstro e non procrea; é eterno e non se reproduce, como todo o monstruoso e como todo o eterno. Don Juan é o ideal para os homes; todos os homes admiran a Don Juan e admírano pola súa trindade monstruosa. Os donjuáns anteriores ao marqués de Bradomín reaccionan ante o amor e ante a morte; faltáballes a Natureza. Bradomín, máis moderno, reacciona tamén ante a paisaxe.Ramón María del Valle-Inclán
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.