guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo e Pinche, nado en San Pedro (Cesuris, Manzaneda) o 29 de setembro de 1913 e finado en Seadur (Larouco) o 7 de xullo de 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime do xeneral Franco. Pasou de escapado a guerrilleiro, e era moi afamado en todo o oriente da provincia de Ourense e no sur da de Lugo.[Cómpre referencia]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1913 San Pedro, España |
Morte | 7 de xullo de 1986 (72 anos) Seadur, España |
Outros nomes | Mario de Langullo Pinche |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Pai | Juan Rodríguez Rodríguez |
Fillo de Juan Rodríguez Rodríguez e Arsenia Losada. con quince anos emigrou a Bilbao, onde traballou como peón e participou en diversos conflitos laborais. Regresou á provincia de Lugo en 1935.
Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 o seu pai foi nomeado concelleiro e despois alcalde de Manzaneda (posteriormente foi asasinado polos falanxistas de Langullo o 10 de abril de 1937). Ó producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Mario Rodríguez viuse obrigado a botarse ó monte para salvar a vida. Alí dirixiu un grupo guerrilleiro que operou por Quiroga, Manzaneda e Trives realizando accións de sabotaxe, ataque ao goberno e represión de colaboradores e delatores. Colaborou coa III Agrupación luguesa da Federación de Guerrillas de León-Galicia primeiro e despois co Exército Guerrilleiro de Galicia como responsable do Destacamento de Trives da II Agrupación. Mantivo fondas discrepancias con Manuel Fernández Soto polas súas ideas excesivamente militaristas.
A consolidación do réxime ditatorial fixo cada vez máis difícil a continuidade da acción guerrilleira, que abandonou en 1951, manténdose illado no monte e pasando á clandestinidade, para posteriormente fuxir a Francia o 29 de agosto de 1968. Puido saír de España grazas ao párroco de Seoane Vello[Cómpre referencia]. Instalouse en Nogent sur Vermisson (Loiret).
Regresou a Galiza en 1979. Faleceu en 1986 en Seadur (Larouco).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.