astrónoma alemá From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Margarethe Winckelmann Kirch, coñecida como Maria Margaret Kirch ou como Maria Winckelmann, nada en Panitzsch, próximo a Leipzig, o 25 de febreiro de 1670 e finada en Berlín o 29 de decembro de 1720, foi unha astrónoma alemá.[1]
Nome orixinal | (de) Maria Margaretha Winkelmann Kirch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de febreiro de 1670 Leipzig |
Morte | 29 de decembro de 1720 (50 anos) Berlín |
Datos persoais | |
Residencia | Reino de Prusia |
País de nacionalidade | Alemaña |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma |
Lingua | Lingua alemá |
Familia | |
Cónxuxe | Gottfried Kirch (1692–) |
Fillos | Christine Kirch, Christfried Kirch (pt) , Margaretha Kirch |
Maria Winckelmann era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. algo pouco frecuente na época. Grazas á actitude do seu pai puido ser educada nas artes e as letras, tanto por el como polo seu tío.[2]
Mostrou un interese temperán pola astronomía, polo que se converteu en estudante, aprendiz e axudante de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo, un astrónomo autodidacta que traballaba como granxeiro na cidade de Sommerfeld. Esta situación era habitual no século XVII, onde a práctica da astronomía tiña lugar a miúdo fora das universidades. De feito, neses anos, moitos dos grandes astrónomos non estudaron na universidade porque a astronomía estaba moito máis próxima á tradición artesanal, desenvolvida nos gremios e oficios, que ás disciplinas académicas como foi o caso a partir do século XX. Por medio de Christopher Arnold, María coñeceu a un dos astrónomos máis famosos do momento, Gottfried Kirch, co que casou anos máis tarde, en 1692.[3] Unha vez casada, María deixou o observatorio de Arnold e continuou a súa formación xunto a seu esposo, embarcándose conxuntamente no estudo da astronomía e a observación do firmamento. No ano 1700 trasládanse a Berlín, onde Gottfried foi nomeado astrónomo oficial da Academia das Ciencias, a Berliner Akademie; o que lle permitiu a María traballar ―aínda que fose de maneira non oficial pero si recoñecida― como a súa axudante.
Nos primeiros tempos na Academia, María dedicou gran parte do seu tempo ao estudo dos astros, observando cada noite, a partir das 21:00 h, o firmamento. Grazas a esta observación constante e minuciosa dos ceos nocturnos, realizaron cálculos astronómicos para calendarios e almanaques con información das fases da lúa, a posta do sol, as eclipses e as posicións do Sol e outros planetas;[4] o que constituía a verdadeira fonte de ingresos da Academia, que obtiña máis cartos coa venda de calendarios que coa asignación económica recibida da corte real de Prusia, polo que os astrónomos constituían un valioso activo para a Academia.
Maria Winkelmann-Kirch foi a primeira muller que descubriu un cometa (o C/1702 H1, en 1702).[5] Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie. A pesar das decepcións que experimentou durante a súa carreira na sombra, as súas publicacións gozaron de recoñecemento durante a súa vida e foron unha importante contribución á astronomía. Entre elas, as súas observacións da aurora boreal en 1707 e dous opúsculos, un sobre a conxunción do Sol con Saturno e Venus, en 1709, e outro sobre a predición dun novo cometa en 1711 que fron moi ben acollidos.
Maria Winkelmann solicitou un cargo de astrónoma asistente na Academia de Berlín, para o que estaba altamente cualificada. Por ser muller ―e polo tanto sen estudos universitarios― denegóuselle o cargo. Os membros da Academia de Berlín temeron establecer un mal exemplo ao contratar a unha muller. En vida non recibiu recoñecemento algún polo seu descubrimento do cometa. Tempo despois seu marido morre, en 1710, e volveulle a ser denegado o seu posto no observatorio. Maria Winkelmann non ingresou na Academia de Ciencias de Berlín a causa de argumentos como o que expón Jablonski nunha carta dirixida a Leibniz en 1710: "Debe vostede ser consciente de que a decisión que pronto haberá de tomar podería ser tomada como precedente. En principio somos da opinión de que este caso debe ser xulgado non só polos seus presentes méritos senón tamén como puidera selo en adiante, pois o que lle concedamos a ela podería servir de exemplo para o futuro".[6]
María continuo traballando no observatorio do barón Krosigk ata o seu falecemento o 29 de decembro de 1720.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.