From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Àngels Anglada, nada en Vic no 1930 e finada en Figueres no 1999, foi unha poeta, novelista, crítica literaria e ensaísta catalana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1930 Vic, España |
Morte | 23 de abril de 1999 (69 anos) Figueres, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, crítica literaria, profesor de catalán, profesora universitaria, escritora, novelista |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nou diccionari de la literatura catalana |
Pasou gran parte da súa vida repartida entre Vic (1930-1954) e Figueres (1961-1999). Está considerada unha das principais figuras de literatura catalana no século XX. Licenciouse en Filoloxía Clásica. A súa formación, xunto coas viaxes feitas a Grecia no 1973 e no 1996 dotaron a súa obra, especialmente na poesía, dun forte compoñente helenístico e clásico. Así son frecuentes as referencias a personaxes ou historias de mitoloxía grega. Que serven coma fíos conductores para a expresión modernizadora de sentimentos ou emocións íntimas ou ben para a denuncia de agresións, ora contra países ou colectivos vulnerables, ora contra o medio ambiente. Citar que Maria Ángels Anglada, formou parte dos colectivos que loitaron a prol da proteción dos Aiguamolls de l'Empordà.
Tamén foi unha tradutora saliéntabel, especialmente dos poetas Salvatore Quasimodo, Giorgos Seferis ou Pandelís Prevelakis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.