María Lado

escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

María Lado
Remove ads

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979,[1] é unha escritora e actriz galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
María Lado na obra de teatro Oeste solitario.
Thumb
Thumb
María Lado e Lucía Aldao no Liceo Mutante.

É titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. En 2005 xuntouse coa tamén poetisa Lucía Aldao [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á Lucía Aldao co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].

Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos.

Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.

Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.

En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con Lucía Aldao e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[5]

Remove ads

Obra en galego

Poesía

Con Lucía Aldao (Aldaolado):

Literatura infanto-xuvenil

Narrativa

  • Entre os dous hai un río - Calvario/Lavadores (Editorial Elvira, 2016).

Traducións

  • Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008).
  • Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia.
  • Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010).
  • De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).

Obras colectivas

Remove ads

Premios

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads