cantante española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Jiménez Gallego, nada en Sevilla o 3 de febreiro de 1950 e finada na mesma cidade o 7 de setembro de 2023, foi unha cantante andaluza. En 2022, recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Jiménez Gallego 3 de febreiro de 1950 Sevilla, España |
Morte | 7 de setembro de 2023 (73 anos) Sevilla, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante , bailaor , actriz |
Período de actividade | 1975 - 2023 |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Pepe Sancho (1980–2002) |
Premios | |
|
Famosa polo contido liberal das súas letras e actuacións, comezou amadriñada por La Pipa en tablaos como Las Brujas nos primeiros anos da democracia española tralo franquismo.
Publicou o seu primeiro disco en 1976, con arranxos do guitarrista Paco Cepero con rumbas, tangos, bulerías, boleros, rancheiras e baladas de Silvio Rodríguez, Lolita de la Colina ou Amancio Prada. A este seguíronlle outros discos como Sensación e varias recompilacións.
A súa carreira relanzouse ó colaborar na canción La lista de la compra do grupo La cabra mecánica, e editando Donde más duele con cancións de Joaquín Sabina.
As súas opinións sobre a prensa rosa e a piratería son bastante coñecidas.[Cómpre clarificar] Publicou a súa biografía e apareceu en varias películas e series de televisión como Todos los hombres sois iguales. Presentou o programa Bienaventurados, en Canal sur.
Casara co actor Pepe Sancho, con quen tivo un fillo, Alejandro. Antes deste matrimonio, tivera outra filla, María del Rocío, que faleceu nun accidente de tráfico.
Manuela
Perdóname amor
La vida siempre es corta (curta)
Hostal Royal Manzanares (serie)
Todos los hombres sois iguales (serie)
¡Ja me maaten...!
Yo, puta
Amar en tiempos revueltos (serie)
Los mánagers
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.