Periodista e presentadora de televisión española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Esperanza Rodríguez Escario, nada en Madrid o 18 de decembro de 1959, é unha xornalista española, presentadora de Televisión Española.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Esperanza Rodríguez Escario 18 de decembro de 1959 (64 anos) Madrid, España |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - xornalismo (1977–1982) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estudios de Prado del Rey (2018–2024) Torrespaña (RTVE) (1985–2018) |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
Período de actividade | 1982 - 2024 |
Empregador | RTVE (1985–2024) |
É licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, e comezou a súa carreira profesional facendo vídeos didácticos para as escolas nunha produtora. No ano 1985 comezou a traballar en TVE, contratada por Pedro Erquicia. Nesta cadea ten presentado todas as edicións do Telediario, o programa 48 horas, con Andrés Aberasturi e o informativo Buenos días, con Pedro Erquicia.
María Escario é coñecida en boa medida pola súa ligazón estreita coa información deportiva. Presentou Estudio Estadio, Estadio 2 (domingo deporte) e desde 1986 aparece diariamente no noticiario chamado Telediario na primeira canle de televisión da Radio Televisión Española,[1] téndose a especializar, desde o ano 1989 en información deportiva.
Foi nomeada aos Premios ATV de 2002 como a Mellor Comunicadora de Programas Informativos polo seu traballo á fronte do noticiario Telediario.
En febreiro de 2012 foi internada no hospital por mor dun accidente vascular encefálico.[2][3]
En 2013 recibiu o Premio Ondas á mellor presentadora.
Desde setembro de 2014, coas mudanzas no equipo dos informativos de Televisión Española, María Escario marchou da sección deportiva do telediario, despois de case 30 anos en pantalla.[4] Desde setembro de 2014 Escario é responsable das reportaxes informativas relacionadas co mundo do deporte en '‘Enfoque’', a microsección incluída no Telediario da noite (TD2) de La 1 que aborda varios temas con máis profundidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.