futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Castiñeiras Porto, nado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1979, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1979 (45 anos) Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Desenvolveu gran parte da súa carreira na SD Compostela, dende as categorías inferiores, pasando polo filial e ata o primeiro equipo, co que disputou case 200 partidos en catro categorías diferentes, e do que foi capitán ata a súa retirada en 2015. Na actualidade é o director deportivo do club santiagués.
Formouse nas categorías inferiores da SD Compostela. Na tempada 1997/98, cando aínda xogaba cos xuvenís do club, comezou a disputar partidos co Compostela B en Terceira División e acabou por gañar a titularidade ao final da tempada, na fase de ascenso a Segunda B.[1] Xogou no filial compostelán ata que na tempada 2001-02 subiu ao primeiro equipo, que acababa de descender a 2ª B.[2] Logrou ese ano o ascenso a Segunda e xogou no equipo branquiazul os dous turbulentos anos seguintes nos que o club descendeu tres categorías, dúas delas por débedas.
No verán de 2004 fichou polo Eibar, de Segunda División, no que xogaba o tamén ex do Compos, Paco Corredoira.[3] Estivo dúas tempadas no club vasco, nas que xogou como titular case todos os partidos, pero descendendo ao final da 2005/06, momento no cal fichou polo Tenerife, adestrado por Pichi Lucas. No club canario dispuxo de poucos minutos durante a campaña, vivindo ademais un momento tráxico no partido de ida fronte á Ponferradina, cando foi substituído na segunda parte para serlle comunicado que seu pai, que estaba vendo o partido nas bancadas do Toralín, acababa de falecer dun infarto.[4][5]
No verán de 2007 fichou polo Racing de Ferrol, onde se reecontrou de novo con Corredoira. Militou alí durante tres tempadas, nas que o club perdeu dúas categorías. No inicio da segunda das súas tempadas en Ferrol, Castiñeiras sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito que o mantivo de baixa durante case toda a tempada.[6]
Na tempada 2010/11 xogou co Cerceda en Terceira División, conxunto adestrado polo ex xogador do Compostela, Nacho.[7] Tras rematar a competición en primeira posición volveu ao Compostela, que competía en Preferente baixo a dirección de Anxo Casalderrey. Disputou catro tempadas máis en Santiago, vivindo dous ascenso ata 2ª B e converténdose no capitán e emblema do equipo.
En xaneiro de 2015 retirouse do fútbol para facilitarlle ao club a fichaxe de Yacine Qasmi, pois a cota de fichas sénior estaba completa.[8] Incorporouse de inmediato á secretaría técnica do Compostela e en maio de 2017 converteuse no director deportivo.[9]
En 2006 representou á selección galega no empate a un fronte ao Ecuador no estadio de Riazor.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.