Remove ads
pintor e ilustrador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Ángel Álvarez, nado na Guarda o 15 de febreiro de 1855 e finado en Madrid o 1 de novembro de 1921, foi un pintor, ilustrador e escultor galego de finais do s. XIX e comezos do XX. Asinaba as súas obras co seu primeiro apelido, Ángel.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1855 A Guarda, España |
Morte | 1 de setembro de 1921 (66 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor, ilustrador, escultor |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción García |
Fillos | non tivo |
Pertencente a unha familia acomodada, fillo de Manuel Ángel Portela e Emilia Álvarez Alonso,[1] iniciouse moi novo na pintura e aos dezaoito anos de idade xa gravara os frescos da igrexa de Santa Mariña do Rosal.[1] En Madrid estudou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado, perfeccionando en 1873 a súa aprendizaxe como copista no Museo Nacional del Prado, e entre 1873 e 1875 estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, nunha clase dirixida polo escultor Ponciano Ponzano;[1][2] nese último ano emigrou á Habana, onde residía un irmán seu. Alí traballou como ilustrador da revista La Ilustración Gallega y Asturiana e iniciouse na paisaxe e os temas históricos, alcanzando un alto recoñecemento, en especial como retratista; algúns dos seus cadros, como Recluída ou Violación, chegaron a venderse por 1 125 pesetas.
Pintou o gran salón do Centro Gallego de La Habana e, logo de pasar por Porto Rico, onde contou co apoyo de Agustín Sobrino Vicente,[3] regresou a España en 1881 con dous proxectos: concorrer á Exposición Nacional dese ano coa súa obra Doña Leonor Téllez, reina de Portugal, en el convento de Tordesillas (3,3 x 2,40 m)[4][5] e presentar, o ano seguinte, á Exposición do Ministerio de Ultramar a súa obra El Mariscal Pedro Pardo de Cela.[6] A prensa dedicoulle grandes eloxios e denominouno "O pintor da Historia", título co que foi coñecido posteriormente. Doou á Deputación de Pontevedra o óleo do mariscal a cambio dunha bolsa de 1 000 pesetas para realizar estudos en Madrid e Florencia.[7] E anos despois pediu que estivese presente na Exposición Rexional Galega de Lugo de 1896. Foi a única vez que o cadro saíu do Pazo Provincial de Pontevedra.[8]
A primeira edición d'O divino sainete (1888) de Manuel Curros Enríquez contaba na súa portada cun debuxo de Manuel Ángel, datado en 1885. En branco e negro, a ilustración inclúe numerosas referencias iconográficas: unha muller deitada e semiespida cun crucifixo na man dereita e unha máscara de teatro na esquerda; un animal cun rosario entre as mans; unha serpe enroscada a unha árbore, e unha cabaza. Na parte da dereita hai un home de barba vestido coa peza impermeable tradicional feita con palla, a falar con outro home vestido elegantemente con abrigo e sombreiro. O deseño do home co vestido tradicional galego casa coas cabeceiras de numerosas publicacións desa época, que incluían debuxos de homes vestidos co traxe tradicional de gala (polainas, pucho, chaleco…).
En Madrid tiña o seu estudo na céntrica Praza de Santa Catalina de los Donados. Estivo en 1882 na Exposición Artística del Salón do xornal El Globo con Una reclusa e Una chula e participou tamén na Exposición Nacional de 1884 con Coquetería[9] e en 1887 con Un juicio de Dios.[10] Foi galardoado con mencións honoríficas nas Exposicións Nacionais de 1897 e 1912, e presentou na edición de 1915 os cadros Retrato de la señorita doña Virginia Portilla e os debuxos Ilustraciones. Foi membro da Asociación da Prensa e colaborador gráfico de varios xornais como Nuevo Mundo, El Liberal e La Ilustración Nacional.[11] Tamén traballou como ilustrador para a Editorial Calleja, destacando en especial os seus traballos para El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha (moi reimpreso) e España y su historia: álbum gráfico de los hechos más notables (1913) entre outros.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.