Músculo semimembranoso
músculo do membro inferior situado por debaixo do músculo semitendinoso no compartimento posterior da coxa From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo semimembranoso é un músculo do membro inferior situado por debaixo do músculo semitendinoso no compartimento posterior da coxa.

Características
Insírese por riba da pegada superolateral da tuberosidade isquiática e por debaixo principalmente no suco e óso adxacente da superficie medial e posterior do cóndilo tibial medial. As expansións do tendón tamén se insiren e contribúen á formación de ligamentos e fascia que hai arredor da articulación do xeonllo.
Función
O semimembranoso flexiona a perna na articulación do xeonllo e estende a coxa na articulación da cadeira. Actuando xunto ao músculo semitendinoso, rota en sentido medial a coxa na articulación da cadeira e a perna na articulación do xeonllo.
Vascularización
O semimembranoso está vascularizado por dous grandes vasos: a arteria glútea inferior e a arteria femoral fonda.
Innervación
Está innervado pola póla tibial do nervio ciático.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.