From Wikipedia, the free encyclopedia
múm (pronunciado [muːm] segundo o IPA,) é un grupo de música experimental islandés formado a finais dos anos noventa.
múm | |
---|---|
múm en 2009. | |
Orixe | Islandia, |
Período | 1997 - actualidade |
Xénero(s) | electrónica, experimental, Icelandic, post-rock, folktrónica, dream pop, trip hop, ambient, indie, lo-fi, glitch |
Selo(s) discográfico(s) | Fat Cat Records |
Membros | Gunnar Örn Tynes Örvar Þóreyjarson Smárason Ólöf Arnalds Eiríkur Orri Olafsson Hildur Guðnadóttir Sigurlaug Gisladottir Samuli Kosminen Róbert Sturla Reynisson |
Antigos membros | Gyða Valtýsdóttir Kristín Anna Valtýsdóttir |
Na rede | |
http://mum.is/ | |
A banda formouse en 1997. Os seus membros orixinais foron Gunnar Örn Tynes, Örvar Þóreyjarson Smárason,e as irmás xemelgas Gyða e Kristín Anna Valtýsdóttir. En 2002, Gyða deixou o grupo para seguir cos seus estudos en Reiquiavik. A comezos de 2006 tamén a súa irmá Kristín abandonou a banda, se ben isto non se soubo ata finais de novembro.
Practican unha múscia experimental, na liña doutros grupos e solistas islandeses como Sigur Rós ou Björk, caracterizada por voces e marmurios suaves, efectos electrónicos, golpes e unha ampla variedade de instrumentos clásicos (acordeóns, trompetas, violíns...) e tradicionais, que normalmente non desempeñan un papel fundamental, senón accesorio.
O nome da banda non quere dicir nada. Como explicaron os membros da banda nunha entrevista, múm é como dous elefantes que se estean tocando coas trompas, na súa referencia gráfica.
Este grupo islandés tocou unha vez en Galiza. Foi no auditorio dos Salesianos de Vigo, o 4 de maio de 2004, e no marco do festival Sinsal. Actuou diante deles Mugison e as butacas estaban practicamente cheas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.