From Wikipedia, the free encyclopedia
Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.
Máis alá | |
---|---|
Duración | 30 minutos |
Presentado por | Manuel Rivas Elvira Varela Piedade Cabo |
Día(s) de emisión | Venres |
Horario de emisión | 00:00 |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 16 de maio de 1986 |
Nº de temporadas | 1 |
Na rede | |
https://www.crtvg.es/cultural/especiais/mais-ala | |
A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.