Luis Alberto García Pacheco, coñecido como Lucho García, nado en Barranquilla o 20 de marzo de 1998, é un futbolista colombiano que xoga de porteiro no Algeciras, da Primeira División RFEF.

Datos rápidos Información persoal, Nome ...
Lucho García
Información persoal
Nome Luis Alberto García Pacheco
Nacemento 20 de marzo de 1998 (26 anos)
Lugar de nacemento Barranquilla
Altura 1,93 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Algeciras
Número 13
Carreira xuvenil
2012 Real Madrid
2013–2018 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2018 Rayo Vallecano 0 (0)
2018–2020 Sevilla B 29 (0)
2020–2021 Deportivo da Coruña 10 (0)
2021–2022 Ponferradina 6 (0)
2022–2023 Rayo Majadahonda 34 (0)
2023– Algeciras 17 (0)
Selección nacional
2017 Colombia sub-17 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de xaneiro de 2024
Selección: actualizado a 26 de novembro de 2020[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Traxectoria

Chegou a España en 2012, fichado polo Real Madrid para a súa canteira, pero poucos meses despois deixou o equipo branco debido á falta de minutos, e recalou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano.[1] A partir do 2016 foi convocado co primeiro equipo do Rayo en numerosas ocasións, pero sen chegar a debutar, tendo por diante a porteiros como Paulo Gazzaniga ou Alberto.

A principios da tempada 2018/19 fichou polo Sevilla Atlético, filial do Sevilla FC.[2] Xogou dúas tempadas no equipo sevillano na Segunda B, disputando 29 partidos e sendo convocado co primeiro partido en catro ocasións, sen chegar a debutar en partido oficial, aínda que si o fixo no Trofeo Antonio Puerta.

En setembro de 2020, despois de desvincularse co Sevilla, fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda B.[3] Aínda que comezou a tempada como suplente de Carlos Abad, acabou por facerse coa titularidade na portería galega, disputando os últimos dez partidos de liga, nos que encaixou só tres goles.

O 1 de xullo de 2021 anunciouse o seu traspaso á Ponferradina.[4] Debutou na categoría de prata na cuarta xornada, diante do Tenerife no Heliodoro Rodríguez Lopéz, pero non tivo continuidade na portería do equipo adestrado por Bolo, que preferiu ao iraniano Amir Abedzadeh, polo que disputou só seis encontros en toda a campaña.

En xullo de 2022 fichou polo Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF, onde foi titular en 34 dos 38 partidos de liga.[5] A continuación regresou ao seu país natal para xogar no Atlético Huila, da Categoría Primera A,[6] aínda que a súa fichaxe non conseguiu concretarse. Fichou entón polo Algeciras, da Primeira RFEF.[7]

Selección nacional

Foi internacional coas categorías sub-15, sub-17 e sub-20 de Colombia.[8] Foi convocado pola selección sub-20 de Colombia para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2017 celebrado en Ecuador.[9]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.