Luaña, Brión
parroquia civil do concello de Brión From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Brión From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xulián de Luaña ou da Luaña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 407 habitantes (207 mulleres e 200 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 559 habitantes.
Luaña | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Luaña. | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′08″N 8°44′50″O |
Área | 11,6 km² |
Poboación | 407 hab. (2018) |
Densidade | 35,09 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na Idade Media esta zona era coñecida como Terra da Luaña ou Couto da Luaña, terra montañosa en contraposición á chan da Amaía, á estreita de Baleirón (val que comeza en Urdilde e chega ata Rois) e á mariña Noia.
Lugares da parroquia de Luaña no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
A Amañecida | Ardións | Cristimil | Espiñeiros | Goiáns | A Igrexa | Mato | Moldes | Nináns | A Pedreira | Tourís | Vexo | Vioxo de Abaixo | Vioxo de Arriba |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.