albanel e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Nodar Castro, nado en Esteiro (Nogueirosa, Pontedeume) en 1910 e finado en Ferrol o 9 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Esteiro, España |
Morte | 9 de xullo de 1937 (26/27 anos) castelo de San Filipe, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | albanel |
Fillo de Juan Nodar Martínez, canteiro e activo dirixente societario. Vivía coa familia en Leiro, onde en 1931 presidiu a Sociedad de Oficios y Profesiones Varias afecta a UGT. Militante do PSOE, en 1934 foi elixido secretario da Agrupación Socialista de Pontedeume que presidía Manuel López Seijo. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Pontedeume.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República. Nun primeiro momento logrou escapar e buscou refuxio en Esteiro. Descuberto por uns veciños marchou á casa da súa irmá en Bermui. O seu irmán máis vello, Juan, falanxista, trasladouno á Coruña para embarcalo e sacalo do país. Non puido logralo e volveu para casa alternando as estancias na casa dos pais en Leiro co domicilio de Esteiro. Foi descuberto e detido o 7 de maio de 1937. Interrogatorio no cuartel da Garda Civil de Pontedeume, foi trasladado ao cárcere en Ferrol o día 10 e de alí pasou ao castelo de San Filipe. Xulgado en consello de guerra o 3 de xullo, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 9 de xullo de 1937.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.