From Wikipedia, the free encyclopedia
Loterías y Apuestas del Estado é unha sociedade mercantil estatal adscrita ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, a través do Grupo Patrimonio do Estado, a quen corresponde a dirección estratéxica e a avaliación e control de eficacia.
O Organismo Nacional de Loterías y Apuestas del Estado (ONLAE) foi creado en 1984 mediante a integración e unificación das institucións que ata ese momento viñan xestionando os xogos de titularidade estatal, o Patronato de Apuestas Mutuas Deportivas Benéficas e o Servicio Nacional de Loterías. No ano 2000 transfórmase en entidade pública empresarial Loterías y Apuestas del Estado. En 2010 crea a actual Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado (SELAE).
Esta entidade encárgase da xestión, explotación e comercialización de todo tipo de lotarías e xogos de ámbito nacional ou sempre que superen o ámbito dunha comunidade autónoma. Tradicionalmente, os premios dos seus xogos estaban exentos de impostos na declaración do IRPF. A principios de 2013, o Ministro de Facenda Cristóbal Montoro, introduce un novo imposto do 20% para os premios superiores a 2.500 euros.[1]
Loterías y Apuestas del Estado actualmente realiza os seguintes sorteos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.