Lookout Records

selo discográfico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Lookout Records

Lookout! Records foi un selo discográfico independente, inicialmente baseado en Laytonville (California) e posteriormente en Berkeley (California), centrado no punk rock. Creado en 1987, a etiqueta é principalmente coñecida por ter publicado o álbum seminal de Operation Ivy e os dous primeiros discos de Green Day, que chegaron a ser platino, ademais de por ser pioneira no son punk estadounidense dos anos 90.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Lookout Records
Thumb
Tiposelo discográfico
Data de fundación1988 e 1987
Data de disolución2012
SedeBerkeley
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://lookoutrecords.com/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Tras a saída do seu cofundador Larry Livermore en 1997,[1] os novos propietarios levaron á compañía cara novas direccións sónicas pero foi incapaz de conseguir os éxitos previos do selo. En 2005 Lookout! pasou por dificultades económicas despois de que rescindisen os dereitos do meterial do selo de varios artistas de perfil alto. Tras un período de rápida contracción a etiqueta foi morrendo pouco a pouco, rematando as súas operacións e retirando a súa música das canles de distribución en liña a principios de 2012.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.